O BNG de Monterroso esixe a apertura do Centro de Día municipal

A asemblea local presentou, vía rexistro, unha iniciativa para a súa apertura

O BNG en Monterroso esixe ao goberno municipal, a través dun escrito, que se dispoña abrir o Centro de Día municipal, o cal leva pechado dende 12 de marzo de 2020, o que está ocasionando dificultades as usuarias e usuarios no seu desenvolvemento vital.

Actualmente existen 18 familias afectadas polo peche deste servizo municipal, as que están vendo como cada día empeora a súa calidade de vida e a falta de medidas para favorecer os coidados. Por esta razón, o BNG destaca “a urxencia da reapertura do servizo, o cal debe activarse con todos os recursos humanos e materiais, garantindo o seu desenvolvemento con seguridade a través da incoporación de protocolos e medidas hixiénico-sanitarias para facer fronte á COVID-19”.

Desde a formación local destacan que “este recurso de titularidade municipal resulta un servizo público fundamental ademais dun dereito das persoas usuarias, a situación sanitaria non pode ser excusa para deixar de prestar servizos que, coma este, permiten gozar dunha maior conciliación e calidade de vida tanto ás persoas usuarias coma ás súas familias”.

O BNG sinala que “esta crise da COVID-19 pon de relevo que a vida e os coidados deben pasar ao centro das políticas públicas, que os servizos de atención ás persoas maiores e dependentes deben reforzarse e garantir que cheguen ao conxunto da poboación que os necesita”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.