O BNG reuniuse con colectivos veciñais de Carballedo para interesarse polo estado das estradas provinciais no municipio

O deputado do BNG, Efrén Castro, reuniuse este sábado en Carballedo con representantes das asociacións veciñais que reclaman melloras no mantemento das estradas provinciais en diferentes parroquias do municipio

O voceiro nacionalista interesouse polo estado das vías que provocaron as queixas dos colectivos veciñais,  que expuxeron as súas demandas nun escrito dirixido aos grupos provinciais.

As denuncias, respaldadas por seis colectivos, refírense a treitos das estradas  LU-P 1001 entre A Barrela e Os Peares por Castro,  LU-P 1002 entre Castro e Cartelos, LU-P 1004 que une A Barrela e Os Peares e LU-P 1010 entre A Touza e Granxa pola presa dos Peares.

Os representantes veciñais transmitíronlle o seu malestar polo deterioro dalgúns treitos destas estradas, especialmente nas zonas próximas á ribeira,  onde, segundo expuxeron,  a falta de mantemento das marxes se está a converter nun risco para a seguridade dos usuarios. Tamén fixeron fincapé no mal estado do firme, polo deterioro da pavimentación e a auga que reborda  as cunetas.

Efrén Castro trasladoulles o compromiso do BNG para consultar as previsións en canto ás actuacións de mantemento nos treitos máis deteriorados e tratar de axilizar unha solución que mellore as condicións das vías no prazo máis breve posible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.