O Concello coruñés lanza unha campaña para poñer en valor o patrimonio público e histórico da cidade

Busca a complicidade da mocidade cun vídeo en Tik Tok e chega ao resto  da poboación a través dunha mostra no Obelisco

O Concello de A Coruña realiza unha campaña de  sensibilización para poñer en valor todo o patrimonio común da Coruña tanto o  mobiliario urbano e os monumentos históricos coma os baños públicos , ao seren elementos que ofrecen un servizo necesa rio para as/os coruñes as/es e nos dan
unha identidade propia. Por unha banda, a idea é reflectir a importancia de que  estas instalacións dean cobertura á veciñanza e, por outra, promove na audiencia  máis nova valores de convivencia e tolerancia.

Deste xeito, creouse un vídeo en Tik Tok na conta @stopvandalismocoruna cun  baile con coreografía da influencer galega Melissa López, en que as seguidoras e os  seguidores poderán repetir os pasos en formato dúo nun baño e participaren até o  25 no sorteo dun patinete eléctrico con casco incluído. Para a poboación non tan  moza, a campaña vai até o Obelisco en formato exposición para lle recordar á  cidadanía o conxunto patrimonial do que gozamos na Coruña a través das historias de tres veciñas/os.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.