O Concello de Vilalba demanda á Consellería de Sanidade un cribado para os traballadores do sector servizos e o comercio

O Concello de Vilalba xestiona coa Consellería de Sanidade a realización dun cribado con probas PCR no municipio, dirixido especialmente aos traballadores e traballadoras do sector servizos e o comercio

Vilalba leva xa dous meses con medidas e restricións severas pola situación epidemiolóxica, pero a incidencia acumulada continúa elevada, o que posiblemente implica a existencia dun número importante de persoas positivas asintomáticas.

Por elo, e co obxectivo de dar pasos cara a unha normalización da actividade diaria no concello, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, púxose en contacto coa Consellería de Sanidade para a realización do cribado, principalmente dirixido ás profesións que están más en contacto cos veciños e veciñas.

Este tipo de cribados, como o que se realizou en Viveiro o pasado domingo, son de gran utilidade para detectar positivos ocultos de Covid-19, cortando desta maneira a cadea de contaxios.

O concello dará máis información sobre a data e o lugar das probas cando obteña a confirmación do cribado por parte da Xunta de Galicia.

Vilalba é un dos 60 concellos galegos que pasa a estar desde esta próxima medianoite nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.