O Entroido de Marín vivirase a través das pantallas coa participación de “todas as asociacións que o fan posible”

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, reuniuse esta semana con representantes da Asociación Pousos da Area e Ronsel para ultimar os preparativos dos vídeos que se emitirán sobre o Entroido marinense nas redes sociais

O Entroido deste ano será audiovisual, pero será. Esa é a máxima que o Concello de Marín está a traballar este ano, un ano «no que temos que renunciar ao noso xeito de vivir o Entroido, por iso toca reinventarse e tratar de manter vivo o seu espírito desde a casa», afirma o Goberno local.

Por iso, o Concello está a preparar unhas pezas audiovisuais sobre o Entroido marinense «no que quiximos que participasen todas as asociacións da vila que manteñen viva esta tradición na vila», explicou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez.

Despois dunha primeira reunión con representantes das comparsas Os da Caña e Paparrulos, da Asociación Amigos dos Rapaces e do Ateneo Santa Cecilia, a edil mantivo outra xuntanza esta semana con representantes das asociacións Pousos da Area e Ronsel, para ultimar os detalles da creación destes vídeos.

Pousos da Area realiza desde hai varios anos a festa do Bolo do Pote, integrada no calendario de Entroido, e que recupera un produto gastronómico típico doutros tempos e que se servía xunto a un caldo de cocido no que se fai o propio bolo.

No que respecta á asociación Ronsel, foron os que incentivaron a recuperación do Entroido de Seixo e da súa figura emblemática, a burra Chiruca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.