O III Torneo de Reis reunirá en Pontevedra aos mellores atletas de Galicia

Uns 220 atletas daranse cita mañá no Centro Galego de Tecnificación Deportiva para participar nesta proba organizada polo Club Atletismo Rías Baixas e a Concellería de DeportesUns 220 atletas de toda España daranse cita mañá nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra nun evento que suporá un espectacular pistoletazo de saída á
tempada 2021. A proba organizada polo Club Atletismo Rías Baixas e a Concellería de Deportes en colaboración co Grupo Jim Sports, Dibay Eventos e a Federación Galega de Atletismo (FGA) reunirá na cidade a boa parte da elite nacional en tódalas categorías (Joselyn Brea, Marta Casanova ou Sandra Mosquera entre elas) e suporá o regreso ás pistas a unha das mellores fondistas españolas de sempre, Julia Vaquero, despois da súa retirada tralo Mundial de Sevilla de 1999.

O debut da plusmarquista nacional de 5.000 metros (en 1996 en Oslo), que terá lugar ás 10:10 horas en 3.000 metros en categoría Máster, non será o único agasallo que traerá consigo este xa clásico Torneo de Reis.

Así, David Vicente, o atleta de tan só 16 anos formado no Rías Baixas vivirá un día moi especial na súa curta e prometedora carreira atlética ao estrearse co seu novo club, o Playas de Castellón, na modalidade de 60 metros vallas.

Salto de lonxitude, vallas, lanzamento de peso e carreiras de 50, 200, 300, 1.000 e 1.500 metros conforman o atractivo programa dun torneo no que, como aconteceu en edicións anteriores, os vencedores de cada proba levaranse como premio o tradicional roscón de Reis. O evento foi
presentado esta mañá nas pistas do CGTD nun acto no que participaron o seu director deportivo, Gonzalo Méndez, presidente do Club Atletismo Rías Baixas; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; e o delegado da Federación Galega de Atletismo (FGA) en Pontevedra, David Ferrer.  Gonzalo Méndez asegurou que, a pesar das circunstancias e de que a competición non se poida desenvolver con xente, o feito de que se poida celebrar o Torneo de Reis “é xa todo un éxito”, cumprindo cos seus principais obxectivos, que son “pasalo ben e que as mozas e mozos deportistas poidan participar con certa normalidade”. “Vaino ver toda España, xa que a competición será retransmitido online a través da canle de Youtube do Club Atletismo Rías Baixas.

Restrinxirase o acceso do público, o quecemento realizarase sempre de forma individual e coa
máscara posta, non poderá haber ninguén rodeando a pista (soamente na grada sentados ou na zona de quecemento) e haberá un límite de participación de 16 atletas nas carreiras, 8 na lonxitude e 4 en cada peso nos lanzamentos”, subliñou Méndez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.