O PSOE de Folgoso do Caurel apoia as demandas da ANPA “Poeta Uxío Novoneyra”

A Voceira Socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez, xunto cos membros da ANPA Poeta Uxío Novoneyra, así como os representantes de Caurel Vivo, presentaron hoxe no rexistro da Xunta de Galicia diversos escritos cos que demandan ao Goberno da Xunta que revisen os novos contratos do transporte escolar, xa que a nova licitación do Goberno de Feijóo mermaría considerablemente o servizo na vila.

Carmen Álvarez remarca que o Grupo Parlamentario Socialista levará este asunto ao Parlamento “ co fin de que o Goberno de Feijoo recapacite sobre este asunto tan serio, que afectaría gravemente ao tecido económico e social da nosa vila e da nosa Comarca. A nova licitación do transporte escolar é un ataque directo ao servizo educativo de Folgoso do Courel”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.