O reitor da UDC e o presidente de Asime reúnense para buscar liñas de colaboración en proxectos de innovación relevantes para o sector metal

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Asociación de Industrial do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), Justo Sierra, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para establecer posibles liñas de colaboración en proxectos de investigación e innovación de interese para ambas as dúas entidades no marco dos fondos europeos de recuperación

Á reunión, que tivo lugar na Reitoría, asistiron tamén o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, a Adxunta para Transferencia, Sonia Zaragoza, a vicepresidenta de Asime, Rebeca Acebrón, e o Secretario Xeral da asociación, Enrique Mallón.

Asime, con sedes en Vigo, Narón e Lugo, está formada por máis de 600 empresas que agrupan máis de 67.000 traballadores, cunha facturación que supón o 20% do PIB galego. Engloba firmas de automoción, metalmecánica e transporte, naval; marítima e enerxías mariñas; construcións e estruturas metálicas; aeronáutica; aluminio; ascensores e elevadores; e servizos complementarios de loxística, e sistemas de información e comunicación.

A Universidade da Coruña e Asime participan no Infab Hub, un Digital Innovation Hub transfronteirizo co Norte de Portugal no que participan organizacións, infraestruturas e coñecemento para que o sector industrial poida transformar os seus procesos de fabricación aumentando a súa competitividade. Neste hub inclúense ademais outras asociacións industriais, centros de investigación, empresas privadas, organismos de I+D e universidades, actores clave no proceso de innovación empresarial e industrial, que están a traballar para impulsar proxectos conxuntos no marco dos fondos europeos de recuperación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.