Oleiros. PP, BNG, Cs e PSOE denuncian infraccións ao PXOM no derribo da Casa Carnicero

O pasado 31 de decembro, os veciños de Oleiros despedían o ano facéndoo tamén dunha das súas edificacións máis ilustres, a Casa Carnicero que dende 1916 viu crecer o noso municipio.

Unha demolición levada a cabo polo concello de Oleiros omitindo as instrucións da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, e tamén do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Esta demolición é un ataque directo ao patrimonio oleirense, e máis se temos en conta que no propio Plan Xeral de Ordenación Municipal, elaborado e aprobado polo grupo municipal que actualmente ostenta o goberno local, deixa ben claro que no caso dun inmoble catalogado no PXOM ou que se atope incluído no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia non se poderá proceder á súa demolición sen a autorización da Administración competente tendo en conta o artigo 24 da Lei de Patrimonio Histórico Español e o artigo 41 da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

Grua Lopez Cao en una Nave del Ayuntamiento

Tamén no PXOM se recolle unha serie de circunstancias aplicables á Casa Carnicero, que poderían evitar a súa demolición como pode ser a facultade para proceder ao seu apontoamento inmediato para garantir a seguridade pública ou, que de forma xeral, autorízase as obras de conservación, consolidación e rehabilitación, mesmo cando as mesmas sexan para a conservación das fachadas ou cubertas; e deixa claro de forma explícita que queda terminantemente prohibida as demolición total ou parcial, en especial cando afecten as fachadas e cubertas destes edificios.

Resulta sorprendente a celeridade coa que o Concello derrubou a Casa Carnicero, facendo caso omiso ás instrucións da Consellería de Cultura, ao COAG e mesmo ao seu propio PXOM.

Unha casa que debeu de ser apontoada para garantir a súa integridade e a seguridade despois do incendio que sufriu en xullo, algo que o Concello non fixo; e agora, 5 meses despois dese fatal incendio procede á súa demolición con présa e sen valorar alternativas que garantirían que esta casa modernista continuase en pé.

Ao longo dos próximos días, solicitarase de forma conxunta por parte dos catro grupos da oposición (PP, PSOE, BNG e Cs) a convocatoria dun pleno extraordinario de maneira urxente sobre a derriba da Casa Carnicero, así como esixirase ao Concello toda a documentación sobre a devandita demolición

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.