Os concellos das comarcas da Coruña e As Mariñas recibirán 13,3M€ do Plan Único 2021

Os municipios da área coruñesa recibirán entre 270.000 e 1,5 millóns de euros e teñen ata o 5 de febreiro para formular as súas solicitudes

Os concellos da provincia da Coruña teñen ata o día 5 de febreiro para presentar os proxectos nos que queren investir os fondos que a Deputación da Coruña destina este ano aos municipios coruñeses na primeira achega do Plan Único (POS+2021).

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,  lembrou que o Plan Único incrementa este ano o seu orzamento inicial un 37%, pasando dos 47,2 millóns de 2020 aos 64,6 millóns de euros de orzamento inicial este ano, co obxectivo de impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia.

Un Plan Único máis social

O presidente subliñou ademais que o Plan Único presenta importantes novidades este ano, como os 14 millóns de euros do POS Social incluidos no orzamento, que serán destinados en exclusiva a financiar o aumento dos gasto social dos concellos debido á pandemia da Covid-19. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos poden destinar estes fondos.

As achegas destinadas aos concellos das comarcas da Coruña e As Mariñas oscilan entre os 270.052 que percibirá Coirós e os 1.536.276 de Arteixo.  En total, a achega inicial do POS+2021 distribuirá máis de 13,3 millóns de euros entre os municipios da área, dos que preto de 3 millóns destinaranse a gastos sociais e máis de 10 a financiar gasto corrente, obras e investimentos ou amortización de débeda, en función das necesidades concretas de cada municipio.

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en qué investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único financiou 2.257 obras nos 93 concellos da provincia; contribuíu a sanear as economías dos concellos, reducindo a súa débeda en máis de 11 millóns de euros e converteuse nunha ferramenta imprescindible para a mantemento de numerosos servizos básicos municipais.

Agora o Plan adáptase á difícil situación que atravesamos debido á pandemia, incrementando o seu orzamento en 17,4 millóns para favorecer a reactivación económica e destinando un de cada cinco euros a gasto social, unha das partidas nas que os concellos viron incrementado o seu esforzo inversor durante o último ano, co obxectivo de non deixar a ninguén atrás na saída da crise.

       
 

CONCELLO

Investimentos, Gasto corrente e Amortiza- ción de débeda  

 

Gastos sociais

 

TOTAL

 

Abegondo

 

425.646,41 €

 

151.116,77 €

 

576.763,18 €

 

Aranga

 

341.752,64 €

 

121.019,92 €

 

462.772,56 €

 

Arteixo

 

1.206.089,46 €

 

330.186,58 €

 

1.536.276,04 €

 

Bergondo

 

340.822,00 €

 

108.925,28 €

 

449.747,28 €

 

Betanzos

 

576.327,93 €

 

136.785,60 €

 

713.113,53 €

 

Cambre

 

809.825,85 €

 

237.308,73 €

 

1.047.134,58 €

 

Carral

 

592.295,35 €

 

112.406,78 €

 

704.702,13 €

 

Coirós

 

201.281,43 €

 

68.771,00 €

 

270.052,43 €

 

Coruña (A)

 

342.378,96 €

 

95.453,83 €

 

437.832,79 €

 

Culleredo

 

1.186.860,93 €

 

287.391,20 €

 

1.474.252,13 €

 

Curtis

 

386.555,99 €

 

129.260,92 €

 

515.816,91 €

 

Irixoa

 

391.555,45 €

 

86.731,43 €

 

478.286,88 €

 

Miño

 

359.907,76 €

 

103.133,58 €

 

463.041,34 €

 

Oleiros

 

877.291,93 €

 

308.922,98 €

 

1.186.214,91 €

 

Paderne

 

292.393,88 €

 

81.164,85 €

 

373.558,73 €

 

Sada

 

750.866,80 €

 

162.527,62 €

 

913.394,42 €

 

Sobrado

 

451.382,41 €

 

129.856,73 €

 

581.239,14 €

 

Vilasantar

 

269.092,77 €

 

85.318,04 €

 

354.410,81 €

 

Oza-Cesuras

 

620.427,82 €

 

218.351,21 €

 

838.779,03 €

 
TOTAL 10.422.755,77 € 2.954.633,05 € 13.377.388,82 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.