Os empregados públicos da Deputación de Lugo reanudan o luns o traballo presencial en quendas do 50%

A partir do 1 de febreiro o cadro de persoal, nunha volta progresiva aos edificios institucionais, combinará as súas funcións nas dependencias provinciais coa modalidade non presencial

A Deputación de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que, o próximo luns, 1 de febreiro, os empregados e empregadas da institución provincial volven progresiva e gradualmente ao traballo presencial. O cadro de persoal, que se atopaba realizando as súas funcións dende o domicilio na modalidade non presencial, pasará a realizar traballo presencial en quendas estables do 50% dos efectivos de cada servicio. Esta decisión foi tomada dentro da política da institución provincial de anticipación e prevención na loita contra a Covid-19.

García Porto subliñou que “estas medidas establecéronse co fin de preservar a seguridade e a saúde dos empregados e empregadas e da propia cidadanía á que se presta servizos”. Apunta tamén que, dende a institución provincial continuouse prestando os servizos públicos con normalidade e fluidez durante este período.

Estas medidas foron implantadas o luns 18 de xaneiro a través dun decreto no que se recollía un conxunto de medidas como reducir ao imprescindible a presencia do persoal nas dependencias provinciais entre o 18 e o 31 de xaneiro, priorizar as reunións a través de plataformas telemáticas, a cancelación dos actos públicos ou o peche das dependencias ao público. Ademais, durante este período, as Xuntas de Goberno, as comisións informativas e a propia sesión plenaria de xaneiro celebráronse vía telemática.

Atención telefónica ou telemática

A institución provicincial tamén abre de novo, a partir do luns 1 de febreiro, as súas dependencias á cidadanía para a atención cidadá. Pese a esta medida, darase prioridade á atención por vía telefónica ou telemática, evitando así os contactos e reducindo a posibilidade de transmisión do virus. A atención presencial realizarase mediante cita previa.

A Deputación de Lugo vén adoptando medidas preventivas ante a Covid-19 dende o inicio da poandemia, adaptadas a cada momento da evolución da crise sanitaria. Nas dependencias provinciais seguiranse extremando as medidas xerais de prevención, coa ventilación das oficinas, gardando a distancia de seguridade e mantendo o uso obrigatorio de máscara en todo momento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.