Os Reis Magos visitan Marín nun paseo en coche polas principais rúas

A maxia do Nadal aínda está á espera do seu gran día, da chegada das Súas Maxestades os Reis Magos, que poderán finalmente acudir á vila marinense. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán espallados en distintos puntos do municipio desde as 17.00 horas ata as 19.30.

Concretamente, instalaranse un na Alameda, outro no Parque Eguren e o terceiro na Torre do Reloxo do Templo Vello. Deste xeito, os nenos e nenas marinenses que queiran visitalos poderán repartirse e facilitar así o debido cumprimento das normativas de saúde.

A partir das 19.00 horas, os Reis serán recollidos por varios coches e realizarán un paseo polas principais rúas do centro urbano e de Seixo acompañados da Policía Local e de Protección Civil. Así, a pesar das circunstancias, os marinenses poderán gozar desde as beirarrúas (sempre coa debida distancia de seguridade) e desde os balcóns e as ventás, da visita dos tres Reis Magos, que traerán a ilusión necesaria neste inicio de ano tan esperanzador.

O Concello de Marín anima á veciñanza a que “con responsabilidade e sentidiño” participe desta comitiva móbil desde os seus domicilios ou paseando, cumprindo con todas as medidas e animando e aplaudindo aos Reis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.