Os socialistas de Castro de Rei demandan ao concello que se adhira ao programa de compostaxe

José Luis Tellado avanzou hoxe que rexistrou unha moción coa que reclama ao Concello, que tramite a través da Conselleira de Medio Ambiente, implantar un programa de compostaxe co fin de reducir a fracción orgánica de residuos no Concello

O Voceiro Socialista de Castro de Rei, José Luis Tellado avanzou hoxe que rexistrou unha moción coa que reclama ao Concello, que tramite a través da Conselleira de Medio Ambiente, implantar un programa de compostaxe co fin de reducir a fracción orgánica de residuos no Concello. Ademais a través desta iniciativa “tamén queremos facer tamén partícipes os nosos veciños e veciñas dos beneficios e as ventaxas que xera esta actividade ecolóxica”.

Tellado explicou que a través da compostaxe “conséguense importantes beneficios ambientais e económicos, xa que os concellos poderán ver reducida a frecuencia de recollida do lixo convencional, así como o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra do lixo”.

Na proposta sinala tamén que “esta iniciativa tamén xera beneficios sociais, xa que a poboación rural, cunha elevada taxa de envellecemento, non terá que depositar a diario os seus residuos nos colectores xenéricos, emprazados en moitos casos a grande distancia das vivendas”.

Nesa liña lembra ademais que “existen referencias actuais en concellos limítrofes ao de Castro de Rei nos que xa se implantaron estes programas de compostaxe, que inclúen programas gratuítos de información para ás veciñas e veciños distes concellos que participan neste proxecto. E ao mesmo tempo tamén reciben medios materiais para a elaboración de composte, xunto coa formación na materia e asesoramento continuado durante todo o proceso”, resumiu o voceiro socialista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.