Os socialistas de Quiroga reparten 2.500 mascarillas para traballadores, autónomos e tecido empresarial da vila

“Fixémolo para contribuír co noso pequeno gran de area aos traballadores dos nosos pequenos comercios e das nosas empresas que sempre estiveron ao pé do canon ao longo desta pandemia”

A Agrupación Socialista de Quiroga repartiu estes días 2.500 mascarillas cirúrxicas. Así o avanzou o seu Voceiro, Vicente Parra, que explicou “repartimos as mascarillas para os traballadores, os autónomos, as empresas e o pequeno comercio de Quiroga”.

“E fixémolo para contribuír co noso pequeno gran de area aos traballadores dos nosos pequenos comercios e das nosas empresas que sempre estiveron ao pé do canon ao longo desta pandemia. Por iso queremos agradecer con este pequeno xesto a implicación de todos os sectores durante estas datas, e que por fin xa parece que chegan ao seu fin”, remarcou Parra.

O Voceiro afirmou que dende a Agrupación Socialista de Quiroga “vamos a seguir traballando para mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños, e estamos a disposición deles para todo o que precisen. E queremos agradecer tamén a boa acollida desta iniciativa por parte do pobo de Quiroga”.

Pouca implicación do Concello do PP

Por último Vicente Parra lamentou a pouca implicación do Concello do PP de Quiroga durante esta pandemia. “Nós non queremos que ninguén quede atrás, e dende os concellos temos que arrimar o ombreiro coa veciñanza para saír adiante desta crise, esa vai seguir sendo a nosa folla de ruta, o traballo e o compromiso cos veciños e veciñas de Quiroga”, dixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.