Plataforma pola defensa do Monte Salgueiras. Evitar parques eólicos nos afloramentos dos ríos

A auga, un ben moi preciado, que temos o deber de respetar coidalo e protexelo. É sabido que non respetar estos humedais, lagoas, mananciais,regos,fontes, fervenzas ( fervenza da Brixería ), afloramentos dos ríos, trae consecuencias moi graves para o cambio climático.

O monte As Salgueiras atesoura este proceso natural , e ten un destacado protagonismo no seu propio habitat . Por esta razón a veciñanza aproveitou para o seu servizo elementos patrimoniais que hoxe en día ainda perduran.Muiños, fontes, ríos de lavar. Estes lugares con humedais e lagoas deixan un legado inmaterial impresionante.Toponia e microtoponímia que da nome a espazos que viven dentro do Monte As Salgueiras.
Para mostra un botón .Tras a casa d´Antón e Folgue queren instalar uns eólicos. Prevé facelo Norvento, na Lagoa e chega ata a Chousa dos Maricos.

Deixamos atrás a Chousa de Rosa, nunha época na que os montes tiñan nombres de muller, e chegamos a Fonte Leiras. Hai moita auga por estes montes, que nace nos recunchos das penedas, mirando ó mar. Fontes que beben do orballo que as mañanciñas deixan caer sobre das silvas. Pasamos por Cuca e Escribana e chegamos ás Salgueiras.

Cabanas de Badín, Chousa Nova, Chousa Vella, Milleiras, Pedra Furada, Cruces, San Hadrián, Laíño, Cucheira, Rego dos Corvos, Carballa, Carballiña, Cova, Pereira, Rego da Carballa, Abelleira, Abelleira Pequena, Mina d´auga, Campo Redondo, Lamachega, Revimba, Porto Lagos,….

Fervenza de Brixeria

Sí, Porto Lagos, un lugar de paso seguro para pasar dun lado ao outro do humidal das Salgueiras, sen mollarse. Porque aquí no monte das Salgueiras tamén hai humidais de montaña. Eses humidais que dan lugar ao nacemento dunha manchea de cauces, regos e manancias… Eses que despois dan de beber á xente das vilas, como o depósito de auga da Costa, no lugar do Couto e que abastece a esta parroquia.

E ao pé das Salgueiras, as Covas, a Cortiña da Rosa e a Chousa da Lista.

Unha riqueza toponímica inmesa ao redor do monte As Salgueiras que nun futuro próximo será engulida polo cartel xigante do dragón capitalista:

Benvidas ao polígono eólico industrial das Salgueiras

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.