Pódese chegar a Europa, iniciativa cidadá. Por Piñeiro Docampo

Ás veces opinamos que a xestión europea está moi lonxe da cidadanía, como un ente invisible que opera desde Bruxelas e Luxemburgo, non sen razón, dependendo de onde. Certo é que a burocracia europea e ríxida e moi compacta, porén desde a miña forma de ver é efectiva e máis próxima  do que poda parecer. Accedendo aos parlamentario europeos de cada circunscrición podes poñer cuestións no debate da UE, mais son consciente de que a vida partidaria é en España un obstáculo para tal fin, os deputados/as renden obediencia partidaria, non territorial, agás algún caso.

O cambio de paradigma na relacións que causa a COVID-19 pode impulsar una nova forma de aproveitamento do marco legal europeo, as Iniciativas Cidadás. Hoxe coa conexión global e coas vídeo chamadas, instauradas na vida de cada quen, é máis doado a implicación de dita medida. É certo que as condicións son duras, 1 millón de firmas e 7 Estados, cun mínimo por Estado porén son condicións xustas para recoñecer a diversidade da iniciativa.

Neste punto e como opinión quero falar dunha destas Iniciativas Cidadás con xerme en Hungría que uns amigos están poñendo en valor: SignatureEurope na web www.singnateeurope.com a cal considero moi interesante a unha oportunidade para Galicia como País como unidade cultural e como Nación con problemas estruturais propios de eido meramente europeo como a PAC e a pesca.

É unha iniciativa para poñer o debate na Unión, da necesidade de protexer as rexións con identidade de Nación como o é Galicia. Pero non no debate de ser ou non, ou de recoñecemento internacional, iso xa o temos de facto (cómpre máis traballo certo) vai encamiñada á cuestión importante no marco europeo, o acceso directo a fondos UE. Para unha acción política moi concreta: a xestión para a cohesión económica, social e territorial dun xeito efectivo que non altere a personalidade e identidade que lle son propias a cada rexión. Garantindo o éxito da diversidade cultural e freando o afán de centralización dos Estados en moitos dos casos.

Considero que este é un debate o que Galicia ten moito que gañar, esta IC está moi preto de conseguir as condicións para o debate nos centros de poder da Unión Europea. En España, hoxe está no 96% da sinaturas. Aquelas persoas que acreditan nunha Europa dos Pobos, nunha Europa Federal e diversa e na Nación galega, pídovos o apoio a esta boa iniciativa.

Barátsággal din en Hungría. Con Amizade.

Piñeiro Docampo  

Sº XERAL DE CxG

MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.