Presentada a programación teatral do primeiro semestre de 2021 en Lugo

A área de Cultura programou 25 obras teatrais que se representarán entre o 10 de xaneiro e o 16 de maio

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción  da Lingua do Concello de Lugo, presentou a programación teatral do primeiro semestre de 2021 que organiza a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Maite Ferreiro explicou que “mantemos a nosa aposta polo sector cultural, un dos máis prexudicados coa crise sanitaria, mais do que viven centos de familias”.

A programación cultural do primeiro semestre de 2021 consiste nunha selección de 25 representacións teatrais que terán lugar entre o 10 de xaneiro e o 16 de maio. “Aumentamos o número de obras que se representarán, en comparación con anos anteriores, e comezaremos o 2021 cunha oferta variada de programación, que tocará distintos estilos e distintas propostas, para que toda a veciñanza de Lugo poida atopar algunha representación que coincida cos seus gustos”, afirmou Maite Fereiro.

A programación teatral completarase con novas edicións da Mostra de Teatro Clásico ou do ciclo Lugo en Danza. A edil de Cultura declarou que “o conxunto de todas as actividades completan unha coidada selección que une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado”, e engadiu que “apostamos tamén pola creación feminina, tendo, nunha parte importante da programación, propostas dirixidas, escritas, producidas e actuadas por mulleres”.

Programación Teatral 1º semestre 2021

Domingo 10, 18,30h“Lambetadas” de Talía teatro.

Xoves 14, 20,30hJauría de Kamikaze Producciones.

XVI Premio Cultura Contra la Violencia de Género 2019. Premio Ercilla 2019 a Mejor Creación Dramática, el XXIX Premio Unión de Actores a Mejor Actor de Reparto en Teatro (Fran Cantos) y los Premios Max 2020 a Mejor Adaptación Teatral (Jordi Casanovas) y Mejor Espectáculo Teatral.

Domingo 17, 18,30h: “Guerra de identidade” de DeuVe.

Xoves 21, 20,30h“Feminissimas” de Ste Xeito Producións.

Domingo 24, 18,30h“A nena que quería navegar” de Redrum Teatro.

Xoves 28, 20,30h: “Hoy puede ser mi gran noche” de Teatro en Vilo.

Domingo 31, 18,30h: “CRAKE” de Hilo Producciones.

Xoves 4, 20,30h“O premio” de La Quintana Teatro.

Domingo 7, 18,30h: “Cartoons” de Producións Excéntricas.

Xoves 11, 20,30h“Liberto” de Teatro Rebordelos.

Premios María Casares 2020, Mellor actríz protagonista: Rocío González e Mellor Música Orixinal: Lucía Aldao.

Domingo 21, 18,30h“Show de Barallocas” de Marionetas Trécola.

Xoves 25, 20,30h“Os Nenos da Variola” de Pérez&Fernández.

Domingo 28, 18,30h“Nautilus” de La Negra.

Premio FETEN 2020, pola súa proposta orixinal para a sensibilización medioambiental; Mellor espectáculo Asociación Amigos Titeremurcia 2020.

Xoves 8, 20,30h,“O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro.

Premio Mellor actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada 2020.

Domingo 11, 18,30h,: “UMMM! Unha comedia gastronómica para chupar os dedos” de Teatro Avento Producións.

Premio María Casares a mellor espectáculo infantil 2020.

Xoves 15, 20:30h“Fillos do Sol” de Contraproducións.

Domingo 18, 18,30h: “Italino Grand Hotel” de Cia La Tal.

Espectáculo recomendado pola Rede Española de Teatros 2020.

Xoves 22, 20,30h“Karelu” de Náufragos teatro.

Domingo 25, 18,30h: “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” de A xanela do maxín.

Xoves 29, 20,30h: “Illas desertas” de ArtesaCía.

Domingo 2, 18,30h: “Crusoe” de Markeliñe Teatro.

Premio Fetén á mellor música 2020.

Xoves 6, 20,30h: “Anatomía dunha serea” de Iria Piñeiro.

Domingo 9, 18,30h: “Don Gaiferos” de Kukas.

Premio da Crítica de Galicia ás Artes escénicas 2020

Premio da Cultura Galega ás Artes escénicas 2019

Xoves 13, 20,30h: “Rara Avis” de Lila Teatro.

Domingo 16, 18,30h: “O meu mundo non é deste reino” Teatro da Ramboia.

2020 María Casares á Mellor Dirección para María Peinado

2020 María Casares á Mellor Adaptación para María Peinado

2018 Proxecto Gañador do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.