A Marea Veciñal reclama unha ordenanza municipal que evite o caos na feira do día 5 en Touro

A Marea Veciñal esíxille ao alcalde Ignacio Codesido que exerza dunha vez por todas as súas competencias e que prepare unha ordenanza municipal para regular a celebración da feira que se celebra na localidade de Fonte Díaz os días 5 de cada mes.

A normativa municipal permitiría situar os diferentes postos do mercado dun xeito “lóxico” e non como ocorre até o de agora que mesmo se ocupan espazos como a entrada do centro de saúde dificultando a entrada de pacientes e o estacionamento das ambulancias en caso de emerxencia.
 Para o partido veciñal é unha “anomalía” que despois de tantos anos celebrándose a feira non exista unha ordenanza municipal regulatoria, algo insólito que ocorre en poucos concellos de Galicia e que deixa en evidencia a vagancia crónica e incompetencia do goberno local.
 Deste xeito o que impera é o caos, tanto para os veciños que acoden ao centro de saúde como para os que pasean pola feira. Alertan tamén da perigosidade que supón a  combinación de tráfico pesado e viandantes nos días de feira. Neste senso demandan unha ordenación do tráfico que evite unha desgracia.

2 comentarios

  • Ramón Mata Espiñeira

    A fotografía móstrannos o descontrol que hai na feira en Touro.
    As aceras son ocupadas polos tendeiros, a xente obrigatoriamente ten que camiñar polo médio da estrada igual co tráfico, calquer día atopámonos con algo grave…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.