Recuperada a parada de bus no cruce de San Andrés coa rúa Sol

A Concellería de Mobilidade elimina o xiro que conecta San Andrés con Rúa Alta para garantir a seguridade das persoas viandantes e axilizar o tráfico

O Concello de A Coruña, a través da Concellería de Mobilidade, inicia hoxe os traballos de montaxe dunha parada modular de caucho na rúa San Andrés, 31, no cruzamento coa rúa Sol, co fin de habilitala a partir de mañá. Ademais, eliminarase a parada de bus anterior ao cruzamento, onde se instalará unha parada de taxis.

Deste xeito, explicou o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, o Goberno local responde ás demandas das praceiras e praceiros do mercado de San Agustín, comerciantes e veciñanza que levaban tempo solicitando que o bus urbano chegase de novo a esta rúa máis próxima á praza de abastos co fin de mellorar a accesibilidade a San Agustín. “Esta actuación supón unha importante mellora para as persoas usuarias; trátase dunha pequena actuación que forma parte do proxecto do Goberno de Inés Rey para conseguirmos unha mobilidade máis eficiente e segura e impulsarmos o uso do transporte público”, sinalou Villoslada.

Ademais, as persoas responsables da concellería informaron que se eliminará o xiro á esquerda que conecta San Andrés con rúa Rúa Alta, e así evitarase unha manobra que poñía en perigo a seguridade das peoas e dos peóns e que retardaba a circulación nesta vía da cidade. Villoslada lembrou que a parada regresa a este cruzamento despois de que o Concello realizase obras de mellora na rúa Sol, onde se aumentaron os espazos peonís, se instalou mobiliario urbano e se incrementaron o número de árbores e zonas verdes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.