Reparada de urxencia a focha da avenida Porto da Coruña

O afundimento da calzada produciuse pola rotura dunha tubaxe e “xa se está actuando sobre esta incidencia para a solucionar canto antes e cos mínimos impedimentos posibles sobre o tráfico”

O Concello de A Coruña detectou unha focha de gran profundidade esta madrugada na avenida do Porto da Coruña producida pola rotura dunha tubaxe na rede de pluviais.

Persoal técnico do Servizo Municipal de Infraestruturas acudiu ao lugar da incidencia para inspeccionar, a través dunha cámara subterránea, a gravidade do estrago. Sinala que “xa se está actuando sobre esta incidencia para a solucionar canto antes e cos mínimos impedimentos posibles sobre o tráfico”. Ademais, explica que polo de agora descoñécese o tempo que pode levar esta reparación. Canto ao tráfico, asegura que non se cortará, senón que se reducirán os carrís e só se poderán utilizar os dos extremos, en ambos os sentidos da circulación.

O primeiro paso dos operarios municipais está en detectaren a orixe da filtración para a amañaren e, posteriormente, asfaltaren a calzada: “Levará tempo, sobre todo pola rotura da tubaxe”.

Recoméndaselle á veciñanza que, na medida do posible, evite circular por esta vía nas horas punta, aínda que o Servizo de Mobilidade sinalizará debidamente a dita vía, co obxecto de regular o tráfico e de que non se produzan incidencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.