Señores empresarios, ou sí ou non ao Artigo 7 da C.E. Por Piñeiro Docampo

A Carta Magna outorga  relevancia ás organizacións de empresarios e empresas, as patronais.  E non só a importancia de ser citados na principal regra xurídica. Dálles no artigo 7º a razón e o sentido de ser: “Contribuír á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios” é dicir ao avance da sociedade defendendo os seus intereses de algún xeito son de todos. É isto así? Desde logo en Galicia non.

Ao amparo do marco constitucional nace en Galicia no 1981 a CEG para “a defensa dos intereses do empresariado galego ante as administracións, organismos e axentes sociais” como cita na súa páxina corporativa. Un interlocutor do agora chamado dialogo social. Xa a frase “defensa dos intereses ante” intrica na raíz constitucional, porén na CEG obvian a segunda parte do artigo 7, promoción tamén no eido social.

Era lóxico, na transición, regular no curto artigo 7 unha protección aos sindicatos e en boa lóxica  ás patronais, estaba todo por construír e dotar de contido.

Mais a miña dúbida é. Hoxe precisamos a referencia constitucional aos sindicatos e patronais? Son hoxe os interlocutores precisos? Na miña opinión non. Hoxe son na maioría dos organizacións enormes lastradas pola débeda e a mala administración, en moitos casos sobre-dimensionadas e lonxe dos movementos sociais. Non se pode funcionar so contexto actual con organizacións fondeadas nos anos 80 do século XX. Mais o fallo non é o sistema, é a falta de adaptación á realidade, é certo que con excepcións, máis grave agora co cambio de paradigma que trae a COVID-19.

Galicia como País precisa dunha patronal forte e moderna, ou cando menos de entes empresariais que provoquen o avance social, que marquen a senda da inversión pública traballando a anos vista. Iso non é quen de facelo o modelo da  CEG, permanentemente en crise de identidade e sen proxecto de País, sen proxecto de Galicia, subsistindo unicamente para ser parte do dialogo social e do reparto de formación como unha sorte de xestoría.

Pouca fe teño no novo proceso da CEG, terá dirección e deséxolle sorte, mais estou seguro de que seguirán cos vellos métodos de ser unicamente unha pata do desfasado modelo tripartito de negociación, que fai que calquera movemento dinámico e de sinerxía no eido empresarial fuxa rapidamente dos marcos administrativos ríxidos do mundo tripartito, ogallá me trabuque.

Está é unha proba máis de que a Constitución Española ten que ser adaptada ao novo marco de relacións en moitos campos: políticos, sociais, laborais e  mesmo dixitais. Reflexiónemos, dende a COVID temos cada vez máis vida dixital, incluído teletraballo, están os dereitos de cada quen neste campo amparados pola CE?

Sorte a CEG, pero coido que eran mellor novos tempos e novas opcións, que se cadra xa están, pero que precisan dun impulso desde a  administración que acredite en entrar no século XXI.

Piñeiro Docampo

Sº XERAL DE CxG

MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.