Suspendidos os cursos de natación de adultos e as sesións de nado libre programadas a última hora na piscina naronesa de A Gándara

O Padroado de Deportes de Narón suspendeu dende hoxe os cursos de natación de adultos –iniciación e perfeccionamento- e as sesións de nado libre que estaban programadas na piscina do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara entre as 21.30 e as 22.15 horas

O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que a medida responde ás novas restricións derivadas da actual situación sanitaria, para cumprir co horario en vigor dende hoxe para o toque de queda, ás 22.00 horas, e que se manterán mentras estean en vigor.

Oreona indicou que xa se contactou dende o Padroado de Deportes coas usuarias e usuarios que acudían ás sesións nese horario para informalos desta medida, ofrecéndolles a posibilidade de reubicalos noutro horario ou, no caso de non ser posible a asistencia, non cobrar a correspondente tarifa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.