Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e ALE, primeiras confirmacións de 17° Ribeira Sacra Festival 2021

Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e ALE son as primeiras confirmacións da quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará do 16 ao 18 de xullo de 2021 na Ribeira Sacra

17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Os concertos en espazos singulares son un dos principais atractivos para un festival que o próximo verán reunirá, nunha fin de semana, á mítica formación escocesa Teenage Fanclub e o seu esperadísimo novo traballo, “Endless Arcade”, un álbum que sairá ao mercado o próximo mes de marzo e que reflicte o momento actual no que se atopa a banda. Pola súa banda, The Excitements, anuncian o seu retorno aos escenarios despois dun ano de pausa e coa incorporación da cantante francesa de orixe somalí Kissia San, quen liderou diferentes proxectos dentro da escena do  blues e do soul en Francia.

Doutra banda, o recente éxito de Bronquio débese sobre todo á alta calidade das producións, que ademais contan con colaboradores de excepción como Kiko Veneno ou o máis selecto do trap nacional. Os seus temas navegan por case todos os estilos posibles da música electrónica. En cambio ALE, proxecto artístico posto en marcha polo músico e compositor galego Alejandro González, deixa marcada a súa especial sensibilidade na arte de facer cancións pop, adaptando o seu reconocible estilo a múltiples rexistros. Un traballo minucioso e artesanal, producido por Nicolás Vieites, que publicará a principios deste ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.