Última semana para participar no sorteo de tarxetas regalo de 50€ por consumir na economía local de Marín

A campaña de dinamización directa do consumo na vila, a través do sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros a partir de compras de 30 euros entra na súa recta final

O Concello de Marín quere premiar a fidelidade dos marinenses que decidiron realizar as súas compras de Nadal e outras adquisicións nos establecementos comerciais da localidade.

Este premio consiste no sorte de 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros, tendo en conta que a participación ao mesmo realízase a partir de compras de 30 euros. Os interesados en participar xa foron depositando na furna habilitada na Oficina de Turismo da Praza de España os seus tickets.

Con esta campaña de incentivación directa do consumo, “conseguimos dar un impulso ás compras na vila durante a época de Nadal, que é tradicionalmente de moito consumo. E agora, dando as tarxetas a finais de xaneiro, estimulamos as ventas durante febreiro, que é unha época moito máis parada para o comercio e a hostalaría”, explicou a concelleira Marián Sanmartín durante a presentación que se realizou da campaña.

Tal e como se explica nas bases do concurso, que poden revisarse na web do Concello, é preciso acumular compras de 30 euros en tickets para conseguir unha participación no sorteo. Pode participarse tantas veces como compras superiores a este importe sexan realizadas. Detrás de cada lote de tickets, é preciso escribir os datos de contacto (nome completo, DNI e teléfono) do participante.

O prazo para deixar tickets no buzón remata o vindeiro domingo, 17 de xaneiro, xa que o luns, día 18, realizarase o sorteo no Concello de Marín. Despois, avisarase aos gañadores para que recollan as súas tarxetas na Oficina de Turismo nas datas que lles serán indicadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.