Un concurso de Entroido en Vilalba adaptado á situación sanitaria

O Concello de Vilalba convoca o concurso de ENTROIDO 2021 para incentivar a participación veciñal

Debido á situación sanitaria, nesta ocasión estarán prohibidos os tradicionais desfiles, polo que o concello opta por este novo formato para manter a tradición.

Para participar neste concurso establécense dúas modalidades segundo formato: Vídeo e Fotografía, coas seguintes categorías para infantil, adultos e familiar.

-Categoría Infantil (individual): ata 12 anos (nados entre o 2009 e 2021)

-Categoría Adultos (individual): dende os 13 anos. (nados entre o 2008 e anteriores)

-Categoría Familiar: persoas conviventes, incluíndo parellas.

Modalidade de FOTOGRAFÍA:

Consiste na presentación de fotografías coa temática do Entroido que deberán reunir as seguintes especificacións:

-Serán realizadas en calquera lugar exterior do Concello de Vilalba.

-A fotografía deberá ter como denominación o título da proposta do disfrace.

-A fotografía deberá adxuntarse como arquivo en formato JPG ou PNG (non se acepta formato PDF).

Modalidade de VÍDEO:

Consiste na elaboración dun vídeo coa temática do Entroido que deberá reunir as seguintes especificacións

-Duración máxima de 15 segundos.

-Poden realizarse en interior ou en exterior

-Será valido o uso de apps para a gravación ou edición do vídeo.

-Deberá dárselle ao vídeo un título.

Haberá que facer unha inscrición por cada participación

Para ambas modalidades terase en conta:

-Unha mesma persoa poderá participar nas dúas modalidades (fotografía e vídeo) e en distintas categorías (infantil e familiar ou adulto e familiar) sempre que non se utilice o mesmo disfrace.

-Deben cumprir en ambas modalidades a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto será descualificado automaticamente.

O prazo para presentar os vídeos e fotografías e así participar no concurso en calquera das súas modalidades comezará a contar dende a data de publicación das bases ata o 4 de febreiro ás 14:00h. O Concello de Villaba repartirá 1.900 euros en premios e haberá un premio especial por modalidade en Facebook.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.