Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase este mes á Narón

Unha das unidades móbiles da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue desprazarase este mes, concretamente o vindeiro martes 12 e o xoves 21, á cidade de Narón

O vehículo localizarase o martes nas inmediacións da Praza da Gándara, na rúa Pintor Soutomaior – entre as 9.30 e as 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. Na xornada do xoves 21 a unidade móbil estacionará nas inmediacións do centro de saúde do Alto, na rúa 25 de xullo, donde permanecerá de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas.

Para doar sangue é preciso almorzar e, no caso de xantar, esperar dúas horas. A persoa que vaia doar deberá presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que estea tomando algún medicamento. O persoal tanto das unidades móbiles de ADOS como dos locais de doazón segue estritos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.