Vicerreitoría do campus de Pontevedra. Ciclo de cine ‘A poética do crime. Cinéma polar’

A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección de Compartiment Tueurs (1965), de Costa Gavras, no marco do ciclo de cinema francés A poética do crime. Cinéma polar

Oito proxeccións, entre novembro e xaneiro, integran esta actividade inserida na programación cultural da Vicerreitoría do campus, que afonda en como os directores e directoras deste país reinterpretaron os canons do cinema negro americano, dando lugar a un xénero con identidade propia.

Dada a situación sanitaria, a sala ten un aforo de 15 persoas, que cubrirase por orde de chegada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.