Xoaquín Fernández Leiceaga cuestiona o “radicalismo demodé” do BNG, co que “fai o xogo á dereita” e a Feijóo, “un galeguista de quita e pon: só cando non goberna o PP”

O presidente do PSdeG e coordinador dos socialistas galegos no Senado, Xoaquín Fernández Leiceaga; o coordinador dos socialistas no Congreso, Guillermo Meijón; e a voceira de Sanidade do PSOE no Congreso, Ana Prieto, fixeron hoxe balance do ano de goberno de Pedro Sánchez en España.

“O noso balance é que cumprimos dende unha perspectiva progresista, demos resposta ás demandas é necesidades que se plantexaban nesta conxuntura, activando as medidas do programa de goberno que se axeitaban á mesma, tanto no eido económico como social”, subliñou Fernández Leiceaga.

Así, o senador socialista destacou medidas como Ingreso Mínimo Vital, os ERTES, as axudas a autónomos, ou as garantías e avais para os prestamos ICO, “fundamentais para afrontar a pandemia”.

“Impulsamos unha axenda galega que atendeu ás prioridades que tiñamos marcadas antes da pandemia”, xa que “hai ano parecía que a recuperación de Meirás sería imposible”.

Nesta liña, Leiceaga puxo en valor as axudas europeas e incidiu en que “se fose por outras formacións políticas que actúan en Galicia, que son alérxicas á idea europea, ou a outros que se apuntan a ‘Canto peor mellor’ e que intentaron impedir que Europa puxese en marcha as políticas de solidariedade necesarias, hoxe estariamos dende logo moito peor”.

O BNG “SÚMASE Á CONFRONTACIÓN MENTIREIRA QUE PRACTICA O PP DE GALICIA”

Algúns falan de servilismo cando practican un radicalismo demodé, que só fai o xogo a unha dereita que confunde Madrid con España. Súmanse, desta forma, á confrontación mentireira que practica o PP de Galicia con Feijóo ao fronte, que é galeguista de quita e pon”, sentenciou. Así sinalou que o presidente da Xunta “só e galeguista cando gobernan os outros, e é compracente e mudo cando é o PP quen está a cargo do goberno”.

O BNG e “a estratexia de seguidismo cego ao PP de sumarse e apoiar a confrontación estéril”. Así, chamounos a “non ser vampirizados pola estratexia dos populares”.

“SOMOS CULPABLES” DAS REBAIXAS “HISTÓRICAS” DA AP9 E DO “IMPULSO” AO AVE

O responsable socialista puxo en valor todas as medidas acadadas durante 2020. Así sinalou que “somos culpables de que a AP9 sexa un eixo de mobilidade en mellores condicións para os condutores recorrentes” e pediu “un pouco de paciencia” porque “a previsión orzamentaria do goberno para poder afrontar este tema é de hai 15 días”.

Nesta liña, sinalou que “hai que negociar coa empresa, non pode ser unha decisión unilateral”, xa que isto levaría á “inestabilidade” e á “incerteza”, e mesmo “sería cuestionada nos tribunais”. Ademais, “pórse prazos moi concluíntes e estreitos é unha mala estratexia de negociación” porque “nos obriga a facer acordos cando non queremos” e “hai que afrontalo con garantías”.

Continuando coas infraestruturas, Leiceaga destacou o “impulso decidido” das obras do AVE, así como o financiamento das estacións intermodais “que mellorarán sustancialmente a conectividade de Galicia”. Así, remarcou que “somos culpables tamén disto; contrastando coa pasividade, caos, inexecución e falla de compromiso da que deu mostra a ministra Ana Pastor, con Feijóo calado e cómplice desta situación”.

Leiceaga tamén puxo en valor medidas como a modernización do ferrocarril Ourense-Lugo, a rexeneración da ría do Burgo, a “solución” da depuradora de Santiago, o “impulso” da conexión ferroviaria Vigo-Porto ou o remate autovía Lugo-Santiago, que se levará a cabo neste 2021.

Por último, o responsable socialista recordou que estas medidas se implementaron cun “goberno de coalición, sen maioría parlamentaria e que funcionou cuns orzamentos prorrogados durante todo este ano, o cal limitaba a súa capacidade de actuación, e porque ademais, a partir de marzo, houbo unha situación de pandemia que o condicionou todo”.

GUILLERMO MEIJÓN: “OS QUE PRETENDERON QUE A PANDEMIA PUIDERA SER UN ARMA PARA DERRIBAR UN GOBERNO, NON O CONSEGUIRON”

O coordinador dos deputados do PSdeG no Congreso aplaudiu os orzamentos de 2021, “que algunha forza política está empeñada en dicir que castigan a Galicia ou que España nos rouba”.

Así, lembrou que “se falamos dos orzamentos de Montoro en 2018, descontando as partidas para o AVE a inversión naquel ano de bonanza económica para o país foron 475 millóns de euros para Galicia”, pola contra “se miramos os orzamentos de 2021, son 770 millóns de euros nunha época de pandemia e de crise”.

Meijón incidiu no “importante que foi 2020” para a “mellora de vida da cidadanía do noso país”, cando se aprobou a nova lei de educación “que incrementa os niveis de calidade e equidade no sistema educativo” ou coa “suba” do Salario Mínimo Interprofesional ata 950 euros, “que afecta a 2 millóns de persoas en España”.

O Ingreso Mínimo Vital, “que vai afectar a 2,3 millóns de persoas”, así como o “avance” no Pacto de Toledo, “que posibilita un modelo sostible de pensións no noso país”.

“Os que pretenderon que a pandemia puidera ser un arma para derribar un goberno, non o conseguiron”, sentenciou o socialista, quen recordou que a covid “non foi quen de paralizar a acción do goberno nin freou o compromiso programático do Partido Socialista”.

ANA PRIETO: “OS DEPUTADOS DO PP DE GALICIA E DO BNG VOTARON NON A 1.000 MILLÓNS DE EUROS DESTINADOS A VACINAS”

A voceira de Sanidade do PSdeG no Congreso dos Deputados falou dun 2020 “marcado pola pandemia” no que o goberno de España achegou un primeiro fondo de 16.000 millóns de euros, “dos que 9.000 foron para Sanidade, para que as comunidades autónomas fixesen fronte á pandemia”.

Prieto puxo en valor a aprobación da “tan necesaria e demandada” Lei da Eutanasia, un “novo dereito para que as persoas poidan decidir sobre o final da súa vida”, cando “están nunha situación de sufrimento”.

Ademais, destacou outras medidas como o “plan de implementación progresiva” da atención de saúde bucodental “para que ninguén, pola súa situación económica, deixe de ter acceso” a este servizo. Ademais, recordou a “eliminación dos copagos” farmacéuticos para os e as pensionistas.

En canto aos Orzamentos Xerais do Estado, Prieto destacou que “multiplicaron por 10” as partidas de Sanidade, e “se sumamos partidas para sanidade contempladas noutras areas, sumaríamos máis de 7.000 millóns de euros”.

A responsable socialista criticou a postura dos deputados galegos do PP e do deputado do BNG no Congreso“votaron non a 1.000 millóns de euros destinados a vacinas” contra a covid. Lembrou que “desta crise só podemos saír da man da ciencia” e, por iso “as vacinas hai que mercalas”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.