A Asociación Amarai celebrou o entroido no Centro de Recursos para Persoas con Diversidade Funcional

Pese as limitacións e restricións impostas pola COVID-19, as persoas usuarias do centro precisan manter as rutinas de ocio e socialización como parte do plan de mellora da súa calidade de vida.

Este é un ano estraño para tod@s, é mais aínda para as persoas que acoden o Centro de Día e Ocupacional que a Asociación Amarai ten no concello de Boimorto, xa que ano tras ano, adoitaban participar nos desfiles de entroido dos concellos próximos, nos que sempre obtiñan algún premio polo seu traballo e a súa entrega e paixón polo entroido.

Todo comezaba meses antes, ideando e preparando disfraces que as propias persoas usuarias elaboraban a partir de materiais reciclados e que contaba cunha elaborada coreografía que facía que os xurados dos concursos, quedasen prendados coa súa alegría e bo facer no escenario.

Este ano tivo que ser diferente, pero non por iso podíamos deixar de festexalo, así que como sempre, organizamos o traballo e confeccionamos os nosos disfraces. Cada aula elixiu un tema que tivese que ver coa natureza, e así creáronse 5 pequenas comparsas (mamíferos, aves, crustáceos, réptiles e insectos) que encheron de cor e ledicia o centro por un día.

Cada aula de traballo confeccionou os seus propios disfraces, participando na elaboración dos mesmos segundo as capacidades de cada usuari@, así mentres unha persoa pintaba, outra recortaba, outra poñía purpurina, etc… ata conseguir que de uns cartóns, teas e cartolinas, aparecesen preciosos animais cheos de vida.

Como non podíamos saír do centro, decidimos facer o desfile polas inmediacións do centro onde nos agardaba o xurado para valorar a creatividade, o traballo dos materiais, a actitude, a coreografía e sobre todo, as ganas de pasalo ben.

Así mesmo, levouse a cabo un obradoiro de repostería especial, no que se elaboraron filloas e orellas para tod@s, xa que como ven sabemos, non hai entroido sen unha boa paparota!

Este ano quedará nas memorias de todos como un ano diferente, pero que como sempre, foi aproveitado e o que lle esprememos cada minuto para seguir loitando e para continuar a avanzar no noso desenrolo, tanto físico, como intelectual e sobre todo social.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.