A CIG emprende accións xudiciais contra o grupo de goberno do concello de Xinzo de Limia

Hai meses que a representación maioritaria dos traballadores e traballadoras no Concello de Xinzo de Limia: a CIG (80% dos delegados/as de persoal) leva facendo propostas ao Grupo de Goberno para mellorar as condicións laborais dos empregados/as públicos: renovación de convenios, medidas de seguridade, clasificación profisional, etc. Porén, a resposta do Grupo de Goberno diante das propostas da maioría sindical do Concello ven sendo non acetar a negociación coletiva e negociar por “parceliñas” con sindicatos minoritarios, para favorecer intereses de certos grupos de funcionarios/as e non os intereses do conxuntos dos traballadores/as.

O sistema de “negociación” do grupo de goberno: chegar a acordos “gremiais” con determinados grupos profisionais do Concello, non só viola o dereito a negociación coletiva, mais tamén produce discriminación entre os traballadores/as; posto que entanto que á minoría lle son outorgados novos dereitos, á minoría lle son conxelados.

E isto está a ser “cometido” por un grupo de goberno de “esquerdas” que viña “supostamente” dar transparencia ao Concello e mellorar os modos de facer as cousas do grupo de goberno anterior !!!!

Igualmente, a atuación do grupo de goberno tamén non ten pase dende a ladeira xurídica. A equipa de goberno vai aprobar, dentro dos orzamentos 2021, uns acordos “gremiais” non alcanzados coa maioría sindical (CIG: 80%) que benefician a 15 ou 20 traballadores/as de mais de 100 e, por riba, con Informes de legalidade negativos da Secretaria do Concello.

Logo de tentar chegar a un entendimento coa atual Alcaldesa, dirixido a abrir un período de tres semanas de negociación na Mesa Xeral que desembocar na aprobación dos Orzamentos 2021, non conseguimos que a rexedora atendese nengumha das nosas propostas. Mais, ao contrario, decidiu levar ao Pleno os Orzamentos do 2021 sen aprobación sindical, incluíndo acordos con certos grupos gremiais de persoal malia os reparos da Secretaría Municipal e facendo o paripé de convocar umha mesa de negociación para tratar, despois da aprobación dos Orzamentos do 2021, os temas propostos pola CIG.

E empregamos a palabra “paripé” por dúas razóns:

  1. Porque umha vez que os orzamentos son aprobados polo Pleno os acordos posteriores que poidan ser alcanzados van ter reflexo nos Orzamentos do ano seguinte: 2022 e
  2. Porque igual que o grupo de goberno negociou as propostas da minoría antes da aprobación dos Orzamentos do 2021, para que tiveren reflexo xa niste ano, podía ter feito coas propostas da maioría !!

Diante desta situación, que a CIG considera unha violación do dereito á negociación coletiva e do principio de igualdade e non discriminación, anunciamos a impugnación xudicial dos Orzamentos para 2021, así como o estudo das responsabilidades que puideren derivar da aprobación de acordos que benefician a uns poucos, sen ter en conta os dereitos da maioría.

Foto Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *