A Deputación A Coruña renova o seu compromiso coa UIMP cunha achega de 40.000€ para financiar actividades docentes e culturais

A institución provincial cofinancia o 80% do custo total destas accións levadas a cabo pola universidade na súa sede na Coruña

A Deputación da Coruña dá continuidade ao seu apoio á Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) a través dunha achega de 40.000 euros para cofinanciar as actividades docentes e culturais que desenvolve na súa sede na Coruña.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a directora da UIMP en Galicia, Obdulia Taboadela, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, asinaron esta mañá o acordo a través do que a institución provincial achegará 40.000 dos 50.125 euros do custo total das actividades docentes e culturais levadas a cabo pola universidade no ano 2020, representando o 79,8 % do orzamento.

Desde o 1982 a Deputación vén colaborando económica e institucionalmente cos cursos levados a cabo polo ente educativo. O convenio permite cofinanciar os medios necesarios para desenvolver actividades sobre danza, cine, transición enerxética, retos demográficos e políticas públicas en tempos da covid-19, economía ou patrimonio.

“Reafirmamos o noso compromiso coa UIMP a través da renovación deste convenio co obxectivo de continuar dando o apoio provincial nun ámbito tan importante como é o formativo”, indica o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.