A Deputación de A Coruña destina 900.000€ para financiar os servizos de limpeza de praias nos concellos

Os concellos costeiros poden solicitar estas axudas que financian a contratación de brigadas durante tres meses

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria do programa de limpeza de praias 2021, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre os municipios costeiros da provincia.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

“Ademais de contribuír á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, a campaña de limpeza de praias impulsa tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas”, destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Axudas de entre 6.768 e 33.840 euros

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2021. O importe máximo que poderá recibir cada concello solicitante a través deste programa ascende a 33.840 euros e o mínimo a 6.768 euros.

A Deputación aplicará criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.