A derrogación do voto rogado proposta por UP beneficiaría a máis de 460.000 galegos e galegas emigradas

Tras denunciar en innumerables ocasións a inxustiza do voto rogado -que provocou que, desde a súa aprobación en 2011 por parte de PP, PSOE, CiU e PNV, a porcentaxe de participación do electorado no exterior nunca alcance o 7% de votos reais-, Unidas Podemos vén de rexistrar unha proposición de lei no Congreso dos Deputados, para que se derrogue esta anomalía democrática para quen está na diáspora

A emigración con dereito a voto de Galicia, segundo datos das eleccións autonómicas de 2020, suma máis de 460.000 persoas que representan o 17% do censo electoral e que non puideron exercer o seu voto con garantías.

Con esta lei que esixe rogar o voto, a cidadanía que reside no exterior enfronta moitas dificultades para poder exercer o seu dereito dentro dos prazos estipulados por esta lei e que non contemplan pero si esixen desprazamentos ás embaixadas que moitas veces se atopan a centos de quilómetros das residencia, prazos reducidos poder realizar ditos desprazamentos,  chegada fóra de prazo de documentación por correo ordinario, prazos inasumibles para realización de trámites, irregularidades nos censos, etc.

Esta situación de desigualdade e dificultade provoca un descenso importante da participación entre as persoas con dereito a voto. En Galicia esta participación nos comicios do ano 2020 acadou a cifra máis baixa da historia, chegando a un 2,3%. A pandemia puxo máis en evidencia coas restriccións e limitacións de mobilidade, o inasumible labirinto que implica o voto rogado.

Para Esquerda Unida “o rexistro desta proposición de lei do grupo de Unidas Podemos e que pasará a debate na cámara, supón un avance fundamental en dereitos democráticos e agardamos sexa aprobada para dar voz a milleiros de persoas emigradas que ven coartado o seu dereito a exercer o voto desde o exterior”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.