A FGC insta a dar unha solución urxente e definitiva á responsabilidade dos danos que provoca o xabaril no agro galego

Nos derradeiros días os medios de comunicación fixéronse eco de diferentes novas en relación á responsabilidade dos danos provocados polos xabaril nas colleitas de labregos e gandeiros.

A FGC quere recalcar que o punto no que máis fincapé se fixo no borrador da Lei de Caza de Galicia do 2013 foi na responsabilidade dos danos provocados polas especies cinexéticas, apesares de que as leis anteriores xa responsabilizaban dos danos aos propietarios dos dereitos cinexéticos.

A Federación Galega de Caza presentou alegacións a dita responsabilidade xa que nin os labregos, nin gandeiros nin cazadores nin sociedades de caza deben ser os responsables, un feito que debe abordarse coa participación activa da Administración sendo a posta en marcha do Fondo de Corresponsabilidade, que xa figura na Lei de Caza, e é unha ferramenta para dar unha posible solución ao problema.

E por iso que a FGC solicita o troco da responsabilidade ou a posta en funcionamento deste Fondo de xeito inmediato e ao igual que así o apuntan diferentes Sindicatos Labregos non é xusto que cazadores e sociedades de caza sexan os responsables destes danos cando son mitigadores dun problema que afecta a toda a sociedade galega en xeral.

Os danos na agricultura e estradas así como a responsabilidade dos primeiros é abordado en tódolas reunións que a FGC manten ca Administración galega xa que de non solucionarse estase a poñer en xogo a viabilidade de moitas sociedades de caza.

A FGC sempre ira da man de gandeiros e labregos para atopar unha solución a un problema que trae de cabeza a boa parte da sociedade galega en xeral. Moitos dos cazadores galegos tamén son gandeiros e labregos e comprenden a situación dende dentro sabendo que soportar a responsabilidade dos danos nas costas das sociedades de caza lonxe de ser unha solución é un empeoramento do mesma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.