A oposición do Pino solicita “que se poña en marcha xa” o plan local de rescate á hostalería

Os voceiros do PSdeG e BNG veñen de rexistrar un escrito onde lle lembran, ao alcalde, o acordado no pleno do pasado 20 de novembro

O voceiro do PSdeG, Óscar Vilar, e o voceiro do BNG, José Luis Vidal, veñen de rexistrar un escrito demandando a posta en marcha do Plan de Rescate da hostalería local.

Plan aprobado, por unanimidade, na sesión plenaria do pasado 20 de novembro e que conta con unha partida de 90.000€ en axudas directas. Axudas que irán destinadas, entre outros, para os bares, cafeterías, e hoteis locais.

No escrito, tanto o Grupo do PSdeG como o do BNG do Pino, lémbranlle ao popular Manuel Taboada que o compromiso adquirido era facer efectivas estas axudas como máis tardar no mes de decembro, e que xa pasou decembro e xaneiro e nada se ten avanzado no asunto. Tamén poñen de manifesto as dificultades que están a pasar moitos veciños e veciñas que rexentan este tipo de negocios, “por mor das restricións, seguen sen dispoñer de ingresos, e necesitan canto antes ter a súa disposición as axudas”, indican.

Solicitan que se redacten, “sen máis dilación” as bases, se realicen o trámites, e se publique a convocatoria de axudas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.