A próxima semana realizarase un cribado de covid masivo en Oleiros

A Consellería de Sanidade notificoulle ao Concello de Oleiros que a próxima semana realizarase un cribado de covid masivo entre veciños e veciñas do municipio. O SERGAS concretará no día de mañá toda a información relativa a esta actuación, que será trasladada mediante os medios de comunicación municipais.

O Concello de Oleiros fai desde este momento un chamamento á participación nestas probas. Tamén será fundamental a colaboración dos veciños e veciñas que sexan convocados respectando os horarios e as indicacións que se establezan, para evitar atascos de tráfico e esperas innecesarias.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.