A Valedora do Pobo admite a trámite a denuncia de EU respecto á exención de restricións recollidas no decreto 8/2021 para a actividade da caza

O pasado 26 de xaneiro, a Xunta de Galicia ampliaba as restricións sanitarias por mor do incremento de contaxios pola Covid 19, estas restricións recollidas no Decreto 8/2021 afectaban por igual ao conxunto do país salvo no seu apartado Sexto que recollía as excepcións nas prohibicións para o sector da caza, e que Esquerda Unida denunciaba ante a Valedora do Pobo por supoñer un agravio comparativo con respecto a outros sectores, ademais de incrementar o risco de contaxio de transmisión da Covid1-9

A Valedora do Pobo vén de comunicar a admisión a trámite da denuncia interposta por Esquerda Unida en relación á actividade cinexética que, permite a total mobilidade a cazadores obviando as medidas sanitarias que rexen o país.

A Valedora inicia polo tanto as actuacións oportunas ao entender que -a denuncia- reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei da Valedora do Pobo, e que atopa, en principio, cobertura constitucional derivada do artigo 103.1 da Constitucióne “en consecuencia (…) iniciamos as actuacións oportunas ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda”

Á súa vez, Esquerda Unida lémbralle á Xunta de Galicia que non pode eludir a súa responsabilidade de control da poboación de animais salvaxes baixo a publicación de Decretos discriminatorios,  polo que urxe á administración pública que asuma a súa responsabilidade sen poñer en perigo a saúde pública.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.