ADEGA Lugo comeza o 25 de febreiro as xornadas “Que cidade queremos?”

Dende o vindeiro xoves 25 de febreiro e ata o 18 de marzo, a delegación de Lugo de ADEGA organiza as xornadas “Que cidade queremos?”

Cada semana trataremos de dar resposta a esta pregunta a través de mesas redondas nas que abordaremos temas como a mobilidade, o desenvolvemento da cidade que conleva a destrución de elementos, ou como desde o planeamento se pode incidir directamente na sustentabilidade dos nosos hábitos cotiás.

Este xoves daremos comezo coa mesa: “Transportes e mobilidade”. Participarán Isabel Pardo de Vera (presidenta de ADIF), Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra), Xose Carlos Fernández (Enx. Técn. De obras públicas), Ana Montalbán (Rede Cidades que camiñan), e a mesa estará moderada por Adela Figueroa Panisse (ADEGA e Fundación Eira da Xoana).

O debate será retransmitido en directo a través da web de ADEGA e na canle de YouTube de ADEGA, onde todo o mundo está convidado a participar a través do chat en directo desta plataforma.

Na seguinte semana, o mércores 3 de marzo terá lugar a mesa “Destruír para construir”, o 11 de marzo, falaremos da importancia que ten o planeamento urbanístico sobre a vida cotiá das persoas, e clausurando as xornadas o 18 de marzo escoitaremos as propostas dos representantes políticos do goberno local

Xunto con estas mesas lanzamos o certame de videocreación “A cidade que eu quero”, co galo de coñecer dende o espirito crítico e creativo a sensibilidade e inquedanzas que ten a veciñanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.