Alternativa ve necesario “incrementar control e supervisión” sobre as empresas contratadas polo Concello de Sada

Actuacións que se prolongan no tempo, restos vexetais sen recoller e as podas con maquinaria que erosionan espazos verdes, son algunhas accións que Alternativa dos Veciños de Sada aprecia que se deben corrixir para evitar a degradación de camiños ou espazos senlleiros de esparexemento cidadán

A principios do inverno, unha poda que se prolongou no tempo no Curruncho de Sada, nas inmediacións da Praia das Delicias, provocou que a maquinaria empregada deixara a superficie onde normalmente comeza a infraestrutura da celebración da tradicional sardiñada feita unha lameira. Isto, unido os numerosos restos vexetais espallados polo chan, “fan que este fermoso lugar de esparexemento e lecer quede degradado para o uso e desfrute da cidadanía” aseguran dende Alternativa.

Unhas prácticas que se repiten en canto ós traballos de desbroces dos camiños do termo municipal, e que fan que nas cunetas non flúan as augas pluviais ao non recoller os restos vexetais e estas asolaguen os propios rueiros.

Alternativa de Sada ve preciso “incrementar o control e supervisión destes traballos para o ben xeral e o ornato que merece o Concello de Sada”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.