Ampliados os alcorques da secuoia e da araucaria da Alameda de Marín

O Concello de Marín estivo traballando estes días na Alameda, despois da retirada do exemplar da secuoia que estaba enferma e que supoña un perigo importante para as edificacións colindantes e para a cidadanía.

Por unha banda, retirouse o tocón deste exemplar e foi tapado o alcorque, para deixar toda esta área adecentada e cómoda para o péon.

Por outra, ampliáronse os alcorques tanto da outra secuoia como da araucaria, co obxectivo de darlles máis espazo e que poidan ter unha calidade maior no seu crecemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.