Arbo recupera e pon en valor os antigos lavadoiros municipais

O Concello de Arbo mellorou o Lavadoiro de Sela, o Lavadoiro de A Hermida e a Fonte de Hermida
O Concello de Arbo, rematou as obras as obras de mellora e envellecemento de dous antigos lavadoiros sitos nas parroquias de Sela e Mourentán e unha Fonte.
As obras que foron executadas por unha empresa local por importe de 21.824,56€, englobaron o acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións. Drenaxes perimetrais. Substitución de estruturas deterioradas.As estruturas non aptas para a súa reutilización foron substituídas por outras novas, sendo o resultado unha imaxe renovada pero tradicional do elemento. Retelláronse e foron pavimentados no interior e nos accesos. Tamén se realizou a limpeza e encintado de elementos de cachotería de pedra, revestimento e pintado de paramentos, teitos e todo elemento de fábrica, con cores acordes co medio.
O goberno arbense esta levando unha serie de traballos dirixidos a rehabilitación do patrimonio histórico e cultural de Arbo, entre os que cabe destacar as labores de recuperación dos lavadoiros. Coas obras proxectadas pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes. Mellorando as condicións das construcións existentes, mellorarase a súa funcionalidade e fomentarase o uso e mantemento, así xa foron mellorados hai uns meses os lavadoiros do Vieiro e de Ferral.
“Os lavadoiros son parte da cultura e tradición de Galicia así como a da arbense, un patrimonio que se debe coidar e recuperar. Nos últimos anos se levan recuperado lavadoiros tan importantes como o de Turbela, San Xoan, Valiñas, o Urzal, Couto, Ferral, Vieiro…. e se seguirán recuperando”– afirma o rexedor Horacio Gil.