Arias acude ao CEIP Paradai para amosar o seu apoio á dirección, equipo docente e alumnado tralo gromo por COVID-19

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o CEIP Paradai de Lugo para amosar o seu apoio á dirección, ao equipo docente e ao alumnado do centro tralo gromo detectado a pasada semana

Arias destacou a posta en marcha de medidas tomadas desde o minuto un: por parte do propio centro, coa comunicación aos pais e nais, a través da plataforma Abalar, da detección de casos de covid no colexio e co peche de aulas; e por parte da Xunta de Galicia, co cribado, primeiro nas aulas e despois de todo o colexio, que supuxo a realización de 120 probas PCR que arroxaron resultados negativos.

O delegado territorial en Lugo destacou ademais a volta ao funcionamento deste colexio con 318 alumnos, e insistiu na necesidade de seguir colaborando e apelando á responsabilidade de todos os implicados no brote deste centro lucense, para frear a cadea de transmisión e ter cada vez máis delimitado o gromo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.