Arias destaca que a Xunta realiza esta semana cribados a 6.500 cidadáns de Monforte de Lemos, Sarria e Quiroga

A Xunta continúa realizando cribados para tratar de detectar posibles casos positivos de coronavirus entre persoas asintomáticas. O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explicou que no marco desa programación, esta semana fanse 6.500 probas nos concellos de Monforte de Lemos (4.500), Sarria (1.500) e Quiroga (500)

Javier Arias estivo esta mañá en Monforte, onde a Xunta de Galicia convocou a unha mostra representativa da poboación de entre 20 e 60 anos para realizar os test entre hoxe e o domingo. O delegado, que acudiu acompañado do xerente do Sergas en Lugo, Ramón Ares, destacou o gran esforzo e dedicación dos profesionais sanitarios e tamén o importante apoio que están a prestar os dispositivos de emerxencias e seguridade no desenvolvemento dos cribados que se organizan estes días en diferentes localidades da provincia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.