ButacaZero estreará o venres 12 de marzo 32m2, unha traxicomedia sobre o confinamento

A plataforma creativa dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas propón unha obra de teatro absurdo que nace da súa propia experiencia no encerro de 2020
Laura Villaverde e Xurxo Cortázar dan vida sobre as táboas a unha parella que afronta dun xeito visible as desigualdades e precariedades do día a día, poñendo o foco nun enredo co que todo o público se poderá sentir identificado.
A estrea do espectáculo, con música orixinal de Rodrigo Cuevas, terá lugar o 12 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo e dará pé a unha “xira confinada”, un circuíto de funcións que se desenvolverá por durante o primeiro aniversario do confinamento por mor da covid-19 na pasada primavera.