Carme Aira: “O BNG non avala a lei imposta polo PP sobre a terra agraria”

A deputada por Lugo do BNG afirmou que a Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galiza presentada polo PP é insuficiente para levar adiante a recuperación do campo galego

A deputada por Lugo no Parlamento Galego, Carme Aira, calificou como “venta do rural galego” a tramitación da Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galiza presentada polo Partido Popular. Carme Aira explicou que “desde o BNG non podemos apoiar un proxecto que non ten pretensión de recuperar a terra agraria”, e engadiu “este proxecto non conta con ningún recurso adicado á recuperación das terras agrarias produtivas, pero si ao forestal”. Desde o BNG farase chegar ás asociacións e sindicatos agrarios as súas conclusións e o posicionamento sobre este novo proxecto de lei.

A deputada do BNG subliñou que esta nova Lei, tal como se presenta “é unha cortina de fume para tapar a Lei de Conservación da Superficie Agraria Útil e do Banco de Terras desenvolta polo BNG no seu paso no Goberno Galego, que o Partido Popular freou”. “O PP continúa co mesmo obxectivo, entregar e vender o territorio aos poderes económicos e non aos intereses de todas as galegas e galegos”, afirmou Carme Aira.

O BNG considera que quen tiña que levar adiante este proxecto é o Goberno Galego e non o Partido Popular. Aira afirmou que “este movemento implica que a Lei non conte coa participación social, nin coas memorias, nin cos estudos e os recursos pertinentes”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.