Comunicado da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña

Diante do inminente inicio do debate doutra reforma da Lei galega de saúde, a Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña quere amosar o seu rexeitamento polos seguintes motivos:

– De novo, ao igual que a anterior reforma desta lei a tramitación faise de xeito unilateral, sen diálogo, sen suficiente publicidade, dun xeito opaco como adoita ser o seu modus operandi.

Recorta dereitos e liberdades , sendo eminentemente sancionadora  e obrigando á realización de probas, vacinacións e tratamentos , o cal podería entrar en conflito co principio ético da  autonomía do paciente e co dereito a negarse á administración dun tratamento , recollido na Lei de consentimento informado.

– Non fala en ningunha das partes sometidas a reforma  do reforzo do sistema sanitario, da blindaxe e mellora da atención primaria nin de reverter os brutais recortes que aplicou o goberno da Xunta .

– Non contempla a recuperación das catro áreas sanitarias eliminadas na anterior reforma e que alonxou a sanidade das veciñas e veciños, centrou o eixo da atención sanitaria nos grandes hospitais das urbes, e ao fin converteu á poboación das áreas rurais en pacientes de segunda categoría en relación  á poboación das capitais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.