Coruña Deportes retoma o programa #enliña con 33 vídeos para fomentar a práctica deportiva e evitar o sedentarismo

A concellaría subirá a diario gravacións de mantemento, ioga, pilates e de actividade física enfocada especialmente cara ás idades máis adultas

A Concellaría de Deportes retoma o programa #enliña para promover que se desenvolva actividade física durante estas primeiras semanas de febreiro, en que as instalacións deportivas municipais estarán pechadas para a práctica deportiva non federada. Na web do Concello, publicaranse cada día
vídeos realizados por monitoras e monitores das escolas deportivas municipais. Todo este material estará dispoñible na canle de Vimeo, do Concello da Coruña: https://vimeo.com/concellocoruna. En total, tratarase de 33 gravacións de mantemento, ioga, pilates e de actividade física orientada especialmente ás idades máis adultas.

O programa obtivo un gran seguimento por parte da veciñanza na súa primeira edición. Proba diso foi que os 41 vídeos que se subiron recibiron até 150.000 visitas nas primeiras dez semanas. Os titoriais axudarán a reducir o sedentarismo, fomentar a actividade física e manter activas non só as persoas usuarias das escolas municipais, senón a toda a cidadanía que así o precisar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.