Cs Lugo censura “a falta de compromiso do Goberno local coa reciclaxe”

O concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo, asegura que a actitude mantida polo executivo de Méndez durante os últimos anos contribúe ao deterioro do medio natural e menoscaba a calidade de vida dos veciños ao converter a cidade nun espazo cunha limpeza deficiente. Reiterou a falta de contedores específicos e denunciou o déficit de puntos de recollida

O concelleiro de Cs Juan Vidal-Pardo criticou esta mañá a “decepcionante” falta de interese mostrada polo Goberno local en materia de reciclaxe ao longo deste mandato. O edil asegurou que nos últimos dous anos a cidade non avanzou nin un centímetro neste sentido. Mostra diso é que non se ampliaron os puntos de provisión nin os contedores específicos nos actuais lugares de recollida. Ademais sinalou directamente á xestión realizada polo departamento de Medio Ambiente, dirixido polo socialista Álvaro Santos, ao que acusa de desentenderse do problema xeral de recollida e xestión de residuos. “Unha cidade coas características de Lugo, a súa conexión co medio natural e a súa relación cos acuíferos da súa contorna, non se pode permitir non reciclar os aceites usados ou carecer de puntos de recollida para pilas e baterías, escasísimos no conxunto do entramado urbano. A falta de dilixencia mostrada polo executivo de Lara Méndez supón un risco real para o equilibrio do noso ecosistema. Un litro de aceite contamina máis de 1.000 litros de auga segundo os expertos”, sinalou o concelleiro da formación laranxa.

“Consideramos intolerable o escaso compromiso mostrado por PSOE e BNG coa reciclaxe e a conservación do noso medio natural. É inconcibible que en pleno século XXI o noso municipio careza dun sistema de reciclaxe de aceites usados efectivo, xa que os puntos actuais para levar a cabo esta reciclaxe son anecdóticos. O mesmo sucede coas pilas e as baterías. Non comprendemos tampouco como o quinto contenedor non foi instalado nin tan sequera como proba piloto en varias localzaicións”, apuntou.

“Contamos cun sistema de lixo obsoleto e mal dimensionado que data dos anos 90 do século pasado. As consecuencias desta falta de xestión tradúcese nun risco real para o noso ecosistema e nunha cidade sucia, aspecto que deteriora a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo. O señor Santos cre que o problema xeral do lixo soluciónase co anuncio dunha nova licitación, con todo as rúas seguen sucias e a contorna dos contendores énchense de lixo o que está a xerar episodios de malos cheiros xa que termina por esparcirse pola rúa”, sinalou Vidal-Pardo.

Insta ao Goberno a imitar modelos de recollida exitosos

Respecto ao sistema de recollida de aceite, Vidal-Pardo sinalou que non pode limitarse a unha instalación testimonial. “É necesario que Lugo conte cun sistema integral que garanta o seu efectividad. Existen exemplos a nivel nacional de que a aposta pola reciclaxe é rendible para a administración local. Cidades con características extrapolables a Lugo, como Vitoria, conta desde 2019 con 121 puntos de recollida de aceite sen custo para o Concello e ademais inclúe a recolleita do aceite en edificios públicos como centros cívicos e equipamientos educativos”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.