Denuncian “a ruina inminente” e o estado de abandono das Casas Bailly

Alternativa dos Veciños de Cambre se pregunta “onde está patrimonio da Xunta ante a ruína inminente que presentan as Casas Bailly”

Invadidas totalmente pola maleza e ata crecendo pinos sobre a planta superior, estas casas levan máis de 20 anos e o paso do tempo está a arruinar totalmente estes edificios.

O Concello de Cambre é o propietario de ambas edificacións adquiridas a través dun convenio hai máis de 20 anos. “Máis o goberno municipal non move un solo dedo para a súa recuperación ou evitar máis a súa degradación” denuncian dende Alternativa.

“Iso sí, firman un novo convenio e coa desculpa de rehabilitar estas casas, danlle maior volume urbanístico a unha futura urbanización nesa entorna” aseguran.

Alternativa dos veciños demanda que “non hai escusa para a eliminación dos “plumachos”, o lixo acumulado ou a limpeza da maleza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.