Denuncian ante a Medio Ambiente un vertedoiro de vehículos nunha parcela municipal de Cambre

O grupo municipal Alternativa dos Veciños de Cambre puxo en coñecemento da Consellería a existencia dun “depósito” de vehículos en moi malas condicións (e outros materiais)  situado nunha finca de propiedade municipal, xunto o Instituto de Educación Secundaria David Buján, e no que non se están a cumprir as medidas de seguridade pertinentes

O lugar non parece o máis adecuado para acumular chatarra e residuos varios, xa que se poden producir posibles vertidos ou filtracións ao chan, e o río Mero atopase a uns 100 metros. Ademais non conta cos cerres de seguridade adecuados que impidan o acceso de calquera persoa, a pesar de atoparse pegado a un instituto e un pavillón polideportivo. O cal leva ó lugar a ser pasto para os “actos vandálicos” que se poden apreciar nas pintadas de varios vehículos.

Alternativa dos Veciños puxo a situación en coñecemento da autoridades pertinentes para que “sexan realizadas as avaliacións precisas que podan garantir a seguridade do lugar. Xa que pode supoñer un risco, tanto para as persoas como para o medio ambiente”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.